Galicia presume en Gourmets da calidade sos seus productos do agro e do mar e resalta que carnes, peixes, mariscos e conservas son base unha dieta saudable

  • Alfonso Villares aposta por reforzar a promoción para acadar novos récords nas exportacións dos produtos do mar como o de 2023 e insta a favorecer o consumo interno coa rebaixa do IVE duns alimentos que melloran a calidade de vida
  • A Consellería do Mar está presente na feira cun posto que acolle a 23 empresas coexpositoras da cadea mar-industria e no que se desenvolverán varias degustacións
  • A de Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, alberga no seu espazo a 36 empresas e tamén desenvolverá catas e demostracións de cociña   

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou hoxe ás empresas galegas que participan na 37ª edición da feira internacional de alimentación e bebidas de calidade Gourmets en Madrid, onde destacou o importante papel que xogan as empresas relacionadas coa agroalimentación e o sector marítimo-pesqueiro á hora de difundir e promocionar a calidade diferenciada dos produtos do sector primario galego nesta cita de referencia na capital de España. Antes os miles de visitantes do resto do país e de todo o mundo, peixes, mariscos, conservas, carnes, viños, queixos ou mel da comunidade puxeron en valor a súa fundamental relevancia nunha dieta saudable.      

Arredor de duascentas empresas galegas acudiron nesta ocasión a Gourmets, sesenta delas amparadas como coexpositoras nos stands habilitados pola Consellería do Medio Rural e pola Consellería do Mar. Sobre estas últimas, 23 en total, Alfonso Villares destacou hoxe que a Galicia que sabe Amar amosa nas principais feiras do mundo o bo facer do seus sectores extractivo e transformador e poñen de manifesto, como fan no salón da capital de España ón Gourmets, a importancia de consumir uns alimentos que  propician unha contrastada mellora da calidade de vida de quen os consume. 

O representante autonómico apuntou que este tipo de eventos resultan fundamentais para promocionar o consumo dos produtos do mar fora da comunidade, pois a presencia nos foros máis importantes do mundo da alimentación das pemes galegas é unha das claves que explican os éxitos exportadores do sector, que en 2023 volveron a bater todas as marcas por riba dos 2.800 millóns de euros. Agárdase que sexan máis de cen mil os visitantes que se achegarán a este salón, entre eles por riba dos 16.000 estranxeiros procedentes de máis de 85 países. 

Neste apoio ás empresas galegas do agro e o mar presentes en Gourmets tamén se apostou por impulsar o consumo interno destes alimentos, apuntando que xunto coas campañas que realiza a Xunta, a Goberno central podería aportar un forte impulso coa rebaixa do IVE. A menor carga impositiva produciría unha maior actividade no sector, que acaben nas mesas das familias máis carnes, peixes, mariscos e conservas e, polo tanto mellore tanto a economía dos sectores produtivos como a saúde dos consumidores.

Entre este luns e o martes terán lugar no espazo habilitado pola Consellería do Mar un total de sete degustacións, catas e obradoiros onde chefs de renome, como Kike Piñeiro, Eloy Cancela, Victoria Maseda, Flavio Morganti, Javier Rodríguez Taky, Emma Pinal ou Begoña Vázquez elaborarán distintos pratos con produtos do selo PescadeRías, de onde senón?, da DOP Mexillón de Galicia ou de Anfaco-Cecopesca, entre outros, cos que poñer en valor os alimentos do mar galegos.         

Actividades amparadas por Agacal

Pola súa banda, a Consellería do Medio Rural participa no Salón Gourmets a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), cun posto institucional que ocupa 490 metros cadrados e alberga 36 empresas galegas, acollidas na súa meirande parte por un distintivo de calidade. O espazo conta tamén cunha Aula de Experiencias de Calidade, na que se está a desenvolver unha programación diaria de actividades, como demostracións de cociña e catas comentadas, nas que colaboran diversos consellos reguladores.

No día de hoxe tivo lugar un dos obradoiros infantís programados dentro de Gourmets e coordinados pola Axencia coa IXP Mel de Galicia, impartidos pola técnica Beatriz Ríos e co fin de que os máis pequenos coñezan a importancia dos selos de calidade diferenciada e, en particular, as propiedades e a excelencia do mel galego.

Mentres tanto, a xornada de mañá contará con catas-degustacións dos queixos galegos amparados con denominación de orixe protexida, da IXP Mel de Galicia, e da IXP Tarta de Santiago e das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia. Ademais, a Axencia organizou tamén unha masterclass con produtos da indicacións xeográficas protexidas Ternera Gallega e Vaca e Boi Galego, que correrá a cargo do chef Javier Rodríguez.