Marta Barreiro toma posesión como nova secretaria xeral técnica da Conselleria do Mar

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, presidiu esta mañá a toma de posesión de Marta Barreiro como nova secretaria xeral técnica, en substitución de Silvia Cortiñas que viña desempeñando estas función desde setembro do 2020. Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, é funcionaria de carreira da Administración Local con habilitación de carácter estatal da subescala de Secretaría-Intervención dende o 2007.

Pertence ao corpo superior da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia dende o ano 2011. Foi secretaria da Delegación territorial da Xunta de Galicia en Lugo dende o 15 de marzo de 2013 ata a actualidade. Alí o titular de Mar agradeceu o traballo e dedicación ao longo dos últimos anos desempeñado por Silvia Cortiñas ao servizo de Galicia e o seu sector pesqueiro e felicitou a Marta Barreiro polo novo nomeamento e o seu compromiso co mar de Galicia ao asumir esta nova responsabilidade.