Destacase o papel do IGAFA na formación de profesionales no ámbito dos cultivos marinos e como proveedor de semente para el sector

  • Nestas instalacións contan con 1,5 millóns de unidades de ameixa babosa en tamaño larvario, outros 2 millóns que superan o milímetro que se suman as 10.000 unidades que serán entregadas proximamente ás confrarías da zona
  • En decembro se incorporaron catro bolseiros que traballarán durante dous anos nos minicriadeirosdesta instalación co obxectivo de sacar ao mercado laboral novos profesionais con experiencia nestaactividade

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, resaltou a importancia de apostar pola formación de calidade para facilitar a incorporación de novos profesionais no ámbito dos cultivos mariños, unha das actividades estratéxicas do sector pesqueiro galego. Así o manifestou acompañado pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, durante a visita ao instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa) na que tamén puxo en valor o papel deste centro formativo na necesaria remuda xeracional que, sumado ao labor dos centros de investigación galegos, son a maior garantía de futuro para o sector.

 Este curso hai 82 persoas formándose nos ciclos de cultivos acuícolas e mergullo que se suman ás 340 persoas que realizaron algúns dos cursos 28 cursos de formación non regrada ofertados 

O responsable autonómico realizou esta visita para coñecer de primeira man como se están desenvolvendo os traballos nesta entidade que conta actualmente con 1,5 millóns de unidades de ameixa babosa en tamaño larvario (300-750 micras), 2 millóns de unidades dun tamaño superior a 1 milímetro e 10.000 unidades de máis de 10 milímetros que serán entregadas proximamente ás confrarías da zona para ser sementadas. Cifras que amosan, dixo, o bo facer do persoal deste centro dependente da Consellería do Mar que, desde o 2005 é centro de formación ocupacional na área formativa de acuicultura e no 2019 foi recoñecido como Centro de Referencia Nacional (CNR) nas áreas profesionais de acuicultura e mergullo.

Nesta liña, no pasado mes de decembro se incorporaron catro bolseiros á actividade do Igafa para traballar durante os vindeiros dous anos nos minicriadeiros cos que contan nestas instalacións, similares aos que se atopan no Centro de Investigacións Mariñas (CIMA) de O Vicedo, no concello lucense de Ribadeo. O CIMA tamén consta con dous bolseiros (grao de bioloxía ou ciencias do Mar) dendedecembro aos que se sumarán tres novas bolsas destinadas a técnicos de FP en acuicultura, que empezarán a traballar no CIMA no vindeiro mes de maio. O obxectivo e facilitar a entrada no mercado laboral de novos profesionais con experiencia laboral e responder así á demanda das empresas do sector.

A oferta destas prácticas complementan a actividade formativa regrada nos ciclos de cultivos acuícolas e mergullo impartida no Igafa da que este curso se están beneficiando 82 persoas. No que respecta á non regrada foron 340 persoas as que realizaron algúns dos 28 cursos de formación ofertados. Na última década saíron dos centros dependentes da Consellería do Mar preto de 1.850 titulados profesionais en ensinanzas marítimo pesqueiras, medrando a matrícula desde o ano 2009 en máis dun 60%.

Sen axudas do Estado

Alfonso Villares contrapuxo a resposta áxil e efectiva da Xunta en apoio ao sector marisqueiro para facerfronte ás dificultades provocadas pola alta mortaldade de bivalvos causada polas intensas precipitaciónsdo pasado outono fronte coa pasividade amosada polo Goberno central. Nesta liña subliñou que a día de hoxe aínda non se materializou ningunha axuda directa aos profesionais afectados por parte do Estado. 

O titular de Mar denunciou que este silencio se suma ao cobro das cotas da Seguridade Social aostraballadores a pesar da complexa situación que están vivindo e demandou ao Ministerio de Agricultura e Pesca que sexa transparente co sector e diga dunha vez que vai facer, á vez que reiterou o compromiso do Goberno galego de continuar traballando da man do sector en favor do presente e o futuro da actividademarisqueira galega.