Portos de Galicia saca 4 concursos

1.- Concesión de duas naves de almacenaxe de nercadorias en Ribadeo

A entidade pública Portos de Galicia ven de iniciar o procedemento de concurso público para o outorgamento dunha concesión para o uso de dúas naves de almacenaxe de mercadorías no porto lucense de Ribadeo. Así o recolle hoxe o Diario Oficial de Galicia

Tal como contempla a resolución, o prazo de presentación de ofertas será de 30 días naturais a partir de mañá, polo que rematará o 13 de maio ás 14 horas. O prazo de vixencia da concesión das dúas naves para almacenaxe de mercadorías expedidas por vía marítima será de ata un máximo de 50 anos. A información detallada sobre as condicións do concurso atópase a disposición dos interesados na páxina web de Portos de Galicia e no perfil do contratante. 

Trátase de dúas naves empregadas situadas no peirao comercial de Mirasol con emprazamentos contiguos. Teñen unha extensión de 780 e 848 metros cadrados respectivamente. 

2.- A Explotación das gasolineras de portos de Ribeira, Portocubelo, Meloxo e Cambados

A entidade pública Portos de Galicia ven de iniciar o procedemento de concurso público para o outorgamento dunha concesión para a explotación das estacións de subministro de combustible de Ribeira (tanto a de embarcacións como a de vehículos), Portocubelo (Carnota), Meloxo (O Grove) e Cambados. Así o recolle hoxe o Diario Oficial de Galicia

Tal como contempla a resolución, o prazo de presentación de ofertas será de 30 días naturais a partir de mañá, polo que rematará o 13 de maio ás 14 horas. O prazo de vixencia da concesión das dúas naves para almacenaxe de mercadorías expedidas por vía marítima será de ata un máximo de 50 anos. A información detallada sobre as condicións do concurso atópase a disposición dos interesados na páxina web de Portos de Galicia e no perfil do contratante. 

Todas as gasolineiras incluídas neste concurso adicaranse exclusivamente ao subministro a embarcacións a excepción da estación de subministro específica para vehículos no porto de Ribeira. O prego de condicións recolle en todos os casos a obriga de actualizar e mellorar estas instalacións industriais. 

3.- A concesión dunha nave para usos pesqueiros e complementarios no porto de Sada 

A entidade pública Portos de Galicia ven de iniciar o procedemento de concurso público para o outorgamento dunha concesión para o uso dunha nave para usos pesqueiros e complementarios no porto coruñés de Sada. Así o recolle hoxe o Diario Oficial de Galicia

Tal como contempla a resolución, o prazo de presentación de ofertas será de 30 días naturais a partir de mañá, polo que rematará o 13 de maio ás 14 horas. O prazo de vixencia da concesión das dúas naves para almacenaxe de mercadorías expedidas por vía marítima será de ata un máximo de 50 anos. A información detallada sobre as condicións do concurso atópase a disposición dos interesados na páxina web de Portos de Galicia e no perfil do contratante. 

Trátase dunha nave situada na entrada da dársena pesqueira nas proximidades da rampla de varada que anteriormente foi empregada como taller. Actualmente os usos que se contemplan para ela son pesqueiros ou complementarios, como reparación naval, enseñanzas náuticas ou guarda de embarcacións. 

4.- Licita por máis de 1,4 M € as obras de remodelación e ampliación da Lonxa de Tragove, en Cambados

  • Os traballos permitirán dotar ao edificio dunha nova zona para a limpeza de caixas, a preparación do peixe e cámaras de frío e conxelación 

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de iniciar o procedemento de licitación das obras de remodelación e ampliación da lonxa de Tragove, no municipio pontevedrés de Cambados. Esta actuación sae a concurso cun orzamento base de licitación de 1.377.000 euros, IVE incluído. 

Os documentos e pregos do concurso están dispoñibles para os interesados na plataforma de Contratos de Galicia, no perfil do contratante, e na páxina web oficial de Portos de Galicia, www.portosdegalicia.gal. Os licitadores terán de prazo ata o día 2 de maio para presentar as súas ofertas. 

As obras previstas consisten ampliación do edificio actual cara o noreste, creando unha nova zona destinada á limpeza de caixas, a preparación do peixe e cámaras de frío e conxelación. Ademais redistribuiranse os espazos na planta baixa destinada a oficinas. 

O novo espazo ampliado terá unha superficie de aproximadamente 300 metros cadrados continuando a cuberta existente e incluirá unha pequena zona abrigada que sirva para acoller a carga e descarga de mercadorías nos camións. Con isto elimínase do actual espazo da lonxa a zona de limpeza, o almacén de caixas e a cámara frigorífica. 

O proxecto inclúe tamén o acondicionamento da actual planta baixa modificando a distribución dos baños e a oficina da confraría e dispoñendo unha zona de vestiario e aseos así como outra de almacén para carretillas. Así mesmo, a oficina de inspección sanitaria substitúese por unha de atención aos clientes. Finalmente, na zona central da lonxa créase un espazo para a pesada do peixe e outro para o marisco e o quiosco destinado a oficinas substitúese por un novo elemento móbil.