A presente Política de Privacidade regula a recollida e tratamento dos datos persoais que sexan proporcionados polos Usuarios, cando accedan, naveguen ou fagan uso das funcionalidades no Sitio web accesible desde a URL wwww.costaoeste.gal (en diante, o Sitio web).
A aceptación desta Política de Privacidade significa que o Usuario faculta a Alfil e Macadoca, S.L. (en diante, Axencia (((eco))) ou o Titular, indistintamente), NIF B70600192 e domicilio en Porto Avieira, rúa Celso Emilio Ferreiro 38, Oroso, 15688 A Coruña, como titular do Sitio web, para realizar o tratamento dos seus datos e incluílos nun rexistro de tratamentos da súa responsabilidade, para os fins estipulados a continuación:
1.- Contacto: O Usuario pode poñerse en contacto, a través dos formularios establecidos para ese efecto no Sitio web. Deberá facilitar os seus datos identificativos, así como describir brevemente a motivación da súa comunicación. Axencia (((eco))) utilizará eses datos para tramitar a consulta e contactar co Usuario. A base xurídica do tratamento de tales datos susténtase no consentimento do Usuario.
2.- Comentarios: O Usuario pode realizar comentarios no Sitio web https://www.costaoeste.gal. Para iso, é necesario rexistrarse no Sitio web, sexa a través das redes sociais Facebook ou Twitter, sexa mediante a achega dun correo electrónico. O usuario consente a recollida, por parte de Axencia (((eco))) e para os efectos de publicación dos comentarios do usuario no blogue, do nome ou nick co que o usuario se atopa rexistrado na rede social utilizada. Para máis información sobre o uso que dos seus datos persoais poidan facer estas redes sociais, visite os seus respectivos Sitios web.
3.- Publicidade: Se o usuario aceptou expresamente “Recibir información comercial”, outorgou o seu consentimento para o envío de publicidade dos servizos dispoñibles no Sitio web, por exemplo novidades, ofertas ou promocións. Así mesmo, Axencia (((eco))) poderá enviarlle publicidade baseada nos seus hábitos de navegación tales como información persoal sobre os gustos e preferencias mostradas, para ofrecerlle publicidade do seu interese. A base xurídica do tratamento de tales datos susténtase no consentimento expreso do Usuario.
4.- Newsletter: O Usuario pode, se o desexa, facilitar os seus datos identificativos e a súa dirección de correo electrónico para subscribirse ás novidades, promocións e noticias de www.costaoeste.gal. Recibirá, en tal caso, comunicacións periódicas. A base xurídica do tratamento de tales datos susténtase no consentimento do Usuario.
Así mesmo, poderá dar de baixa a súa subscrición á Newsletter en calquera momento, ben sexa a través da ligazón contida en cada unha das comunicacións comerciais, ben contactando con Axencia ((( eco))) á dirección de correo electrónico costaoeste@costaoeste.gal.
4.- Cookies: O Sitio web dispón de tecnoloxía para a implantación de arquivos denominados cookies no equipo que sexa utilizado para o acceso e navegación polo Sitio web. As cookies poden ser bloqueadas ou deshabilitadas en calquera momento a través das opcións de configuración do navegador. Se desexa máis información pode consultar a nosa política de Cookies. A base xurídica do tratamento de tales datos susténtase no consentimento do Usuario.
Todos os campos requiridos son obrigatorios e a súa omisión impedirá que Axencia (((eco))) poida xestionar o tratamento dos datos.
En calquera momento, o Usuario poderá presentar unha reclamación ante a autoridade de control.
Así mesmo, o Usuario pode revogar o consentimento para o tratamento, facendo exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, supresión, portabilidad, oposición e limitación ao tratamento, poñéndo en coñecemento de Axencia (((eco))), á dirección Porto Avieira, rúa Celso Emilio Ferreiro 38, Oroso, 15688 A Coruña, ou ben mediante correo electrónico dirixido a costaoeste@costaoeste.gal , sinalando como asunto “Protección de Datos”. En ambos os casos, a comunicación deberá ir acompañada de calquera documento oficial que permita a identificación, para evitar o acceso dos seus datos por parte de terceiros.