Plataformas de defensa do mar esixen medidas fronte ao furacán Kirk

  • As plataformas PDRA e PLADEMAR Muros-Noia reclaman a Augas de Galicia acciones inmediatas para evitar a mortaldade de marisco causada por desencoros descontrolados.

As Plataformas en Defensa das Rías de Arousa e Muros-Noia (PDRA-PLADEMAR), co apoio das confrarías, agrupacións de mariscadoras e bateeiros, enviaron a Augas de Galicia un contundente escrito onde responsabilizan á administración autonómica da mortaldade de marisco nas rías de Muros-Noia e Arousa. Segundo as plataformas, estas mortes débense ás riadas causadas por desencoros inadecuados que se repetiron nos últimos anos.

No documento dirixido á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, encabezada por Ángeles Vázquez Mejuto, as plataformas lembran que a Xunta de Galicia ten competencias exclusivas para xestionar as augas dos ríos e debe garantir o seu uso como ben público. Esixen un protocolo que asegure que os desencoros realícense de maneira controlada, evitando a coincidencia de achegas de auga doce con mareas baixas e fortes choivas.

Ademais, solicitan que se instalen sistemas de vixilancia en tempo real, como boias que midan o caudal de auga liberada, o nivel do río, a salinidade e a presenza de lodos en suspensión. Tamén salientan que a Xunta debe exercer un control rigoroso sobre as concesións outorgadas ás empresas eléctricas para o uso das augas fluviais, xa que, aínda que estean baixo concesión, seguen sendo un recurso público.

As plataformas esixen cambios na normativa de desencoros e a implementación de medidas técnicas eficaces para que, coa chegada do furacán Kirk, non se repitan os danos observados en anos anteriores. Así mesmo, solicitan a inclusión de representantes do sector pesqueiro e das plataformas nas comisións de desencoro, garantindo así unha maior transparencia e control na toma de decisións.

Por último, lembran á Consellería e ás empresas concesionarias a súa responsabilidade ante os graves danos económicos sufridos polo sector marisqueiro debido a estas inundacións recorrentes, e reiteran a necesidade de que se adopten solucións urxentes para protexer o patrimonio natural e a economía das rías galegas.