- Oito integrantes desta entidade sen ánimo de lucro participaron esta mañá nun acto na sede da empresa pobrense para conmemorar o 8 de marzo
Congalsa, empresa especializada en alimentación con sede na Pobra do Caramiñal, e a Asociación Ambar, entidade sen ánimo de lucro que traballa desde 1982 para favorecer a independencia, autonomía e igualdade de oportunidade de persoas con diversidade funcional na comarca do Barbanza, reforzan os seus lazos de colaboración conmemorando xuntas -un ano máis- o Día da Muller.
Esta mañá, un grupo de oito mulleres usuarias de Ambar (Araceli Pouso, Berta Torrado, Esperanza Silva, Manola Davila, Manola #Vidal, María Helena, Mari C. Crujeiras e Vanesa Villar) desprazáronse ata as instalacións da compañía no polígono da Tomada para repartir un obsequio simbólico ao persoal da empresa co obxectivo de poñer en valor a data do 8 de marzo. En concreto, a comitiva da Asociación Ambar visitou as oficinas e os comedores da compañía ofrecendo plantas conmemorativas a diferentes membros do cadro de persoal da empresa.
Visibilización
Dentro da súa política de Responsabilidade Social Corporativa (RSC), desde hai máis de dúas décadas Congalsa impulsa liñas de acción solidarias e accións de visibilización que axuden á Asociación Ambar a conseguir os seus obxectivos fundacionais. Entre os exemplos máis destacables desta cooperación, destaca a participación de parte do persoal de Congalsa na tradicional Carrera pola Diversidade de Ambar. Á súa vez, Ambar implícase cada ano na xa arraigada Andaina Solidaria de Congalsa.
A acción desenvolvida este venres tivo como obxectivo contribuír a visibilizar o activo e relevante papel das mulleres que desenvolven a súa actividade profesional en Congalsa. Na firma, do mesmo xeito que sucede noutras empresas do sector mar-industria, as mulleres son maioría. En concreto, en Congalsa, representan un 67% do seu persoal.
En paralelo, a iniciativa quixo resaltar o traballo que realiza Ambar poñendo en valor con diversidade funcional, que poden desempeñar un importante papel en diferentes ámbitos da sociedade. Neste sentido, entre outras cuestións, a entidade con sede no Barbanza ofrece a todas as súas persoas usuarias ferramentas para favorecer a súa integración sociolaboral e contribuír á súa empregabilidade.