O goberno critica que o BNG e PSOE non apoien a demanda da cadea mar-industria para a reducción do IVE os productos do mar

  • O conselleiro lamenta co novo goberno do Estado persista na súa negativa a reducir este imposto aos produtos do mar o que resulta discriminatorio respecto a outros alimentos como a pasta ou o aceite
  • O sector factura 9.000 millóns ao ano xerando 40.000 empregos directos e representa case o 5% do PIB de Galicia, facendo da comunidade a décima exportadora mundial 
  • Alfonso Villares denuncia a falta de sensibilidade de ambas formacións co sector, nun contexto especialmente complexo, que segue agardando polo prometido Perte e ao cal non lle dedicaron nin unha soa liña no recente pacto de investidura 
  • O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, criticou co PSOE e BNG dean as costas á cadea mar-industria e non accedan as demandas do sector para reducir o IVE aos produtos do mar a semellanza doutros países da Unión como Portugal o cal permitiría estimular o consumo, moi resentido pola elevada inflación. O titular de Mar fixo estas manifestacións acompañado polo director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, pola directora do Centro Tecnolóxico do Mar- Fundación Cetmar, Paloma Rueda, e o presidente da Cooperativa de Armadores de Vigo (ARVI), Javier Touza, a bordo do buque Golden Chicha na conmemoración do Día Mundial da Pesca no porto de Vigo.

O conselleiro dedicou unhas verbas de recordo nun día tan sinalado aos profesionais e as súas familias, auténticos artífices da posición de liderado da comunidade no ámbito da pesca a nivel europeo e mundial. Ademais, puxo en valor a importancia do sector sector pesqueiro galego que cunha frota de 4.260 buques representa case a metade da total do conxunto de España xerando 11.556 empregos directos e unha facturación que alcanza os 843 millóns de euros anuais, xerando un valor engadido bruto (VAB) na economía galega 6 veces superior ao do conxunto do Estado e 25 veces superior respecto a economía europea. A estas cifras hai que sumar as xeradas pola cadea mar-industria no seu conxunto elevando a facturación ata os 9.000 millóns de euros, xerando preto de 40.000 empregos directos e cun peso no PIB galego de case o 5%, convertendo a Galicia na décima exportadora mundial en produtos da pesca. 

Unha relevancia que non parece ser entendida, segundo o responsable autonómico, por parte do Goberno central que, agora que deixa de estar en funcións, mantén a súa negativa a reducir o IVE aos produtos do mar como reclaman desde o propio sector. Nese sentido, desde o Goberno galego se leva anos defendendo e mesmo aprobando iniciativas de apoio a esta medida no Parlamento, recibindo sempre a negativa por parte do goberno do Estado. Alfonso Villares reiterou o discriminatorio desta posición respecto a outros alimentos como a pasta ou o aceite que si viron reducido este imposto e criticou que este e outros asuntos de interese para o sector como a posta en marcha dun Perte específico non foran incluídos nin no pacto entre o PSOE e o BNG nin no discurso de investidura de Pedro Sánchez, acusando a ambas formacións de dar as costas e un sector estratéxico.

O titular de Mar remarcou que nun recente estudo realizado polo Observatorio Europeo do Mercado dos Produtos Pesqueiros e da Acuicultura (Eumofa nas súas siglas en inglés) revelou que España viviu unha redución do consumo de peixe do 19% froito da forte inflación, cifra que duplica a dos países con tipos impositivos máis baixos. Nesa liña destacou que a rebaixa do IVE tería un dobre obxectivo, por un lado económico estimulando as vendas e aliviando a situación complexa que está a vivir o sector e por outro fomentar o consumo dos produtos do mar, que contan cunhas propiedades nutricionais excepcionais moi beneficiosas para a saúde, entre a poboación.