El director general de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnológica, Antonio Basanta, asistió al acto con motivo de la celebración del Día de Europa en la de exposición permanente do Museo do Mar de Galicia pola Axencia Europea de Control da Pesca.
O responsable autonómico destacou, acompañado pola directora desta institución comunitaria, Susan Steele, o importante papel que xoga a Unión Europea no desenvolvemento das políticas pesqueiras e reivindicou o liderado que exerce Galicia neste sector como demostra o feito de que a axencia teña a súa sede na cidade de Vigo. Nesta liña puxo en valor as contribucións que se poden realizar desde a nosa comunidade de cara a afrontar os desafíos presentes e futuros aos que se enfronta a actividade pesqueira.