Mar seguirá impulsando medidas que favorezcan o consumo e a comercialización dos productos pesqueros

  • Antonio Basanta confirma que obxectivo é dispoñer de máis e mellor materia prima, manter a calidade das producións, incidir na idententificación e na diferenciación e fomentar a ampliación de mercados
  • Con esta finalidade, o departamento que dirixe Alfonso Villares, aumentou nun 30% o investimento na dinamización mercantil e na promoción do consumo

A consellería do Mar, que dirixe Alfonso Villares, seguirá impulsando medidas que favorezan o consumo e a comercialización dos produtos pesqueiros. Así o confirmou este martes o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, durante a inauguración do 24 Congreso Aecoc, que se desenvolve en Baiona.

Trátase de apostar por iniciativas que permitan dispoñer de máis e mellor materia prima, a través da consecución de cotas, en base a acordos con terceiros países e mellorando as zonas de marisqueo; manter e aumentar a calidade dos produtos, a través do aumento da competitividade e da competencia nas poxas; incidir na identificación e na diferenciación dos produtos galegos, co emprego das etiquetas coas denominacións de orixe protexidas, como no caso do mexillón, de produción ecolóxica ou da marca de calidade PescadeRías; e de fomentar a internacionalización, ampliando os mercados e facilitando para elo ás empresas as ferramentas que lles permitan elaborar a súa estratexia de orientación cara mercados estratéxicos.

Son medidas que, segundo detallou ao director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, permitan consolidar as cifras existentes. En 2023 rachouse unha nova cifra récord, con 2.800 millóns de euros; e as vendas aumentaron case un 4% con respecto a 2022 e máis dun 130% con relación a 2009.

Por este motivo, dende a Consellería aumentouse nun 30% o investimento en dinamización dos mercados e en accións promocionais de consumo dos produtos do mar para mellorar a comercialización das distintas producións alimentarias. A actuación máis transcendente é a participación nos certames feirais nos que a Xunta de Galicia ten presenza dende hai máis de 30 anos, acompañando aos representantes da industria marítimo-pesqueira galega. Deste xeito, segundo defendeu Basanta, pódese afirmar que a exportación de produtos do mar gañou en protagonismo, presentándose como oportunidade para o crecemento do sector e o seu posicionamento xeográfico, fronte a crise actual que afronta o mercado interno.