Mar ponse a disposición de delegación do gobierno para trabajar para traballar na detección dos restos de fuel que están aparecendo na costa

  • A consellería ofrece os seus medios a Salvamento Marítimo para colaborar no operativo
  • Por parte da Xunta de Galicia, en coordinación con Medio Ambiente, mobilizáronse os axentes medioambientais para a supervisión das praias así como persoal de Gardacostas

A Consellería do Mar ponse a disposición da Delegación do Goberno para traballar na detección de posibles restos de fuel que están aparecendo na Costa Norte de Galicia. Tal é así que, unha vez que esta tarde se solicitou información e se recibiu a comunicación do organismo estatal, na que se dá conta que SASEMAR está investigando a procedencia e as causas desta aparición, dende o Executivo galego estase avaliando a situación sen que consten, na actualidade, datos certos que fagan pensar que a situación supera unha incidencia común, pero en todo caso, estamos tamén á espera de que o Estado nos traslade a investigación que está a  realizar en base as súas competencias no mar.

A Administración autonómica actúa así de xeito rápido e ofrece os seus medios á Delegación do Goberno en Galicia que é quen, a través de Salvamento Marítimo, ten as competencias na materia, para colaborar no operativo.

De feito, xa está despregado o helicóptero Pesca 2 debido a que o de SASEMAR, por mor da existencia de nubes baixas, non pode voar.

Asemade, e en aras da colaboración institucional emprendida, en coordinación coa Consellería de Medio Ambiente, tamén están mobilizados os axentes mediaombientais e persoal de Gardacostas para a supervisión das praias nas que existe ese posible episodio. Dende Mar lémbrase que os protocolos de limpeza están establecidos e son públicos, tal e como rexe o Plan CAMGAL.