- A Plataforma Ulloa Viva valora os apoios no Congreso contra “a barbaridade” de Altri en Palas de Rei
- Trasladaron aos grupos a “oposición veciñal” e anunciaron “un novo golpe na mesa” coa manifestación do 26 de maio
A delegación da Plataforma Ulloa Viva que visitou o Congreso dos Deputados, en Madrid, constatou o “apoio” das forzas da esquerda contra proxéctoo da macrocelulosa de Altri en Palas de Rei (A Ulloa). A presidenta de Ulloa Viva, Marta Gontá, a produtora agrogandeira de Traloagro, Isabelle Gómez e a presidenta das Mariscadoras a pé da Ría de Arousa, María Porto, tiveron en Madrid unha intensa xornada de reunións con 9 grupos parlamentarios. A valoración dos encontros foi “positiva” e desde a plataforma consideramos cumprido o obxectivo de “trasladarlles a nosa posición como veciñas, e anunciarlles que o 26 de maio daremos outro golpe na mesa coa manifestación” en Palas de Rei.
PNV e Bildu, os primeiros encontros no Congreso da delegación da Plataforma, coincidiron en cualificar como “unha aberración” o proxecto da macrocelulosa de Altri e mostraron o seu apoio á Plataforma nas iniciativas en contra que se presenten nas institucións onde están representados. Os deputados de Sumar Manuel Lago e Verónica Martínez tamén expresaron á delegación de Ulloa Viva o seu apoio e mostraron ademais disposición para tentar un encontro cos ministerios competentes en Madrid, para que reciban tamén información da veciñanza afectada.
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, reiterou á Plataforma o posicionamento da súa formación “totalmente en contra” da macrocelulosa de Altri, e avanzou á delegación de Ulloa Viva que o BNG seguirá presentando iniciativas neste sentido nas institucións onde está representado. Así, Rego avanzou que a próxima semana debatiráse sobre este tema no Senado e tamén no Parlamento Gallego, e asegurou ademais a Ulloa Viva que os nacionalistas estarán “atentos” aos fondos aeuropeos dos que Altri quere captar 250 millóns de euros para este proxecto en Palas de Rei.
Tamén o PP recibiu á Plataforma no Congreso, ainda que a cita estaba concertada co portavoz na Comisión de Economía e ex conselleiro da Xunta, Francisco Conde, as 3 representantes de Ulloa Viva finalmente tiveron a reunión con 7 deputados do PP, que tentaron trasladar á plataforma “tranquilidade” asegurando que ningún proxecto sairá adiante se non cumpre coa normativa. Pola súa banda, a Plataforma criticoulle ao ex conselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galicia, Francisco Conde, que o goberno galego había concedido ao proxecto de Altri o 29 de decembro de 2022 a consideración de Proxecto Industrial Estratético “sen ter sequera a empresa presentado e feito un Estudo de Impacto Ambiental”. O PP pola súa banda advertiu á Plataforma a respecto das informacións que están a saír sobre os impactos de Altri, asegurando que xa hai técnicos da Xunta que van avaliar o proxecto e as alegacións, pero sen dar máis información ou datos ao respecto.
O PSOE pola súa banda trasladou tamén o seu apoio á Plataforma explicando que van estar “moi vixiantes” ao respecto, pero deixaron claro que as competencias na tramitación ata o de agora están na Xunta de Galicia. Aseguraron que estarán “dispoñibles e atentos” e que llo proxecto da macrocelulosa non cumpre non terá fondos de ningún ministerio do Estado.
Ademais aproveitou para anunciar que o domingo 26 de maio celebrarémos en Palas de Rei a primeira gran manifestación veciñal en contra do proxecto da macrocelulosa de Altri en Palas de Rei. Para facilitar a cobertura mediática do acto a presidenta da Plataforma, Marta Gontá, fará declaracións aos medios ás 11,45 no Polígono de Palas de Rei, na cabeceira da manifestación e antes da saída da mesma (prevista para as 12 horas).
Tambien elaborouse un mapa co percorrido da mesma, que finalizará na Praza da Feira (Palas de Rei) onde Maika Sánchez Fuciños e Mónica Cea lerán o manifesto. Posteriormente haberá actuacións musicais.