- Organizacións marisqueiras das rías de Arousa e Muros-Noia solicitan a intervención da Valedora do Pobo debido ao silencio administrativo e a falta de medidas fronte a desembalses que afectan gravemente os bancos marisqueiros.
Onte venres, 21 de febreiro, representantes de PLADEMAR, PDRA e diversas confrarías e agrupacións marisqueiras das rías de Arousa e Muros-Noia entregarán un escrito á Valedora do Pobo. Nel, expoñen a súa preocupación polas continuas avalanchas de auga doce procedentes dos encoros, que se liberan sen aviso previo/previo aviso durante episodios de intensas choivas, causando mortaldades masivas de bivalvos na zona intermareal e significativas perdas económicas para as mariscadoras.
A pesar de remitir múltiples denuncias a Augas de Galicia nos últimos anos, incluíndo escritos en febreiro e outubro de 2023 e en outubro de 2024, os colectivos afirman non recibir resposta algunha. Ademais, sinalan que non se implementaron medidas para solucionar este problema recorrente. Por iso, solicitan a intervención da Valedora do Pobo, considerando que se están vulnerando os seus dereitos cidadáns.
Estudos científicos apoian a preocupación dos mariscadores, indicando que a diminución da salinidade debido aos desembalses pode provocar a morte do marisco. A investigadora Almudena Hospido, da área de Enxeñería Química da Universidade de Santiago de Compostela (USC), afirma: “Se se baixa a salinidade, hai mortaldade” .
A situación levou a unha deterioración progresiva do sector marisqueiro na rexión. En 2024, a facturación das lonxas da ría de Arousa foi de 69 millóns de euros, 16,2 millóns por baixo da media do quinquenio 2019-2023. Especialmente preocupante é a caída do 50% na facturación de bivalvos, alcanzando só 14,7 millóns de euros .
Os colectivos asinantes esperan que a intervención da Valedora do Pobo impulse ás autoridades competentes a establecer protocolos adecuados para a xestión dos desembalses, minimizando o seu impacto nos ecosistemas mariños e garantindo a sustentabilidade do marisqueo nas rías galegas.
RELACIÓN DE COLECTIVOS ASINANTES E PRESENTES NA ENTREGA DO ESCRITO NA VALEDORA DO POBO:
- PLADEMAR MUROS-NOIA
- PDRA
- COFRADIAS DE VILANOVA DE AROUSA, ILLA DE AROUSA, RIANXO, CABO DE CRUZ AGRUPACIÓNS DE MARISCADORAS DE NOIA, ILLA DE AROUSA, VILANOVA DE AROUSA, CARRIL, RIANXO, VILAXOÁN
- AGRUPACIÓNS DE PRODUTORES DE MEXILLÓN: OPMEGA, ILLA DE AROUSA, ASMECRUZ, FARN, AMEGROVE, VILAXOÁN
- OPP-20