As campionas do Pescados Rubén Burela Futsal son un exemplo da boa alimentación con productos do mar

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, asistiu hoxe ao partido entre o Pescados Rubén Burela FS e o Nueces de Ronda Atlético Torcal FSR, un encontro que, máis aló do resultado, se converteu nun motivo de ledicia e orgullo despois de que as campioas da Mariña ofrecesen á súa afección o recente título conquistado na Supercopa de España. Un éxito polo que o representante autonómico quixo mostrar, no nome de toda a Xunta, a maior das felicitacións.

O titular da Mar, un converso desta marea laranxa, quixo deixar claro no Pavillón Municipal de Vista Alegre do concello burelense que as xogadoras do Pescados Rubén constitúen un exemplo do bo facer feminino na Mariña por acadar as máis altas cotas de éxito e sinalou que estas xogadoras son a proba que, con exercicio e unha boa alimentación na que os peixes, mariscos e conservas teñen un papel protagonista, os éxitos en calquera faceta que se desenvolva está garantido.