O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou hoxe a foodtruck de GALICIA SABE AMAR que participou como teloneira no festival de música CalloFest que celebra estas festas de Nadal dunha forma diferente e sirve de broche de ouro en Cervo ao ano 2023 en San Ciprián, na Praza dos Campos. Como antesala do mellor dos ritmos, esta exitosa campaña da Xunta permitiu difundir os beneficios para a saúde e a calidade dos produtos do mar, que deben ser parte fundamental da dieta de calquera rockeira ou rockeiro tanto como os callos, manxar que da nome a esta cita.
Ademais dos garavanzos, callos e chourizos, peixes e mariscos deron a nota nunha cita musical cada vez con maior renome onde participaron intérpretes de música alternativa como Abaixo cu Sistema -tributo a System of a Down-, Deleiba, Madame Rachel ou Calle del Ruido, ademais do DJ Pablo. E ademais dos petiscos da foodtruck de GALICIA SABE AMAR e dos callos, neste festival tivo lugar o gran ensaio na Mariña das badaladas e o brindis co que celebrar a chegada e 2024.
Tamen acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou hoxe a foodtruck de GALICIA SABE AMAR que se desprazou ata Fene para levar os petiscos dos produtos do mar galegos e difundir a súa calidade despois dunha importante cita lúdico-deportiva, a IX Carreira Popular San Silvestre na que tamén participou o titular do departamento marítimo-pesqueiro da Xunta de Galicia.
A campaña de GALICIA SABE AMAR encarou a recta final deste ano vinculada tanto ao nadal como aos eventos deportivos como esta carreira que se celebran nestas datas, pois como ten claro o titular de Mar, nunca foi máis necesario poñer en valor e promocionar o peixe e o marisco galego, dado que a negativa incomprensible do Goberno do Estado a rebaixar o IVE a estes alimentos afecta ao seu consumo, motivando que baixe nun momento en que o sector extractiva e marisqueiro galegos precisan do maior dos apoios.