O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou a Confraría de Pescadores de Pontedeume e mantivo un encontro de traballo cos seus responsables para abordar as principais demandas dos profesionais do mar desta zona. O titular de Mar destacou que se acercaron ao pósito en canto recibiron a petición do encontro e abordaron o plan de explotación que cursaron dentro do contexto que supón a complexidade da actual do sector marisqueiro polas choivas récord, baixa salinidade e altas temperaturas da auga que provocaron altas mortaldades do marisco.
Informou que se están a recompilar os datos para elaborar os informes técnicos nos que se vai a sustentar a solicitude ao Goberno central de zona de emerxencia para as zonas afectadas, a única vía para que todos os profesionais afectados podan recibir axudas polo impacto na súa actividade. Estase a traballar en todas as vías posibles para apoiar da mellor maneira posible, entre outros ámbitos recoñecendo a situación real dos bancos para abordar a súa rexeneración sementando sementado coa axuda dos biólogos e en consenso co sector, valorando as épocas do ano máis adecuadas e as especies ou variedades máis resistentes aos episodios de baixa salinidade como os vividos este ano.
Alfonso Villares sinalou que neste municipio de Ferrolterra a Consellería do Mar leva investidos desde 2009 máis de 7,8 millóns de euros nas áreas de competitividade e innovación tecnolóxica, ordenación e xestión dos recursos mariños e na área de desenvolvemento pesqueiro así como na mellora das infraestruturas portuarias a través de Portos de Galicia cun desembolso de preto de 4,9 millóns de euros. A confraría tamén foi beneficiaria directas destas achegas con máis de 1,8 millóns de euros no mesmo período, destinándose a maior parte ao acondicionamento e rexeneración de bancos marisqueiros e á protección e recuperación da biodiversidade e os ecosistemas mariños. Un esforzo que o titular de Mar se comprometeu a continuar a facer no futuro.