- O conselleiro do Mar informou que xa foron despregados ao redor de 200 efectivos por toda a costa e que serán reforzados nos vindeiros días para dar soporte aos concellos afectados
- A Xunta mantén o Plan Camgal en fase 1 e continúa monitorizando a situación a través do 112 no que xa constan unha trintena de municipios afectados
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, puxo en valor o traballo desenvolvido polos operativos de Gardacostas de Galicia que, unidos aos axentes medioambientais e as brigadas de Tragsa, están reforzando o traballo posto en marcha polos concellos afectados de detección, retirada e limpeza destes materiais nos areais. O responsable autonómico fixo estas manifestacións durante a visita ao buque do organismo autonómico Sebastián de Ocampo no municipio pontevedrés de Vilagarcía de Arousa.
O conselleiro informou que ata o momento hai unha trintena de concellos costeiros afectados pola vertedura e que se continúa monitorizando a situación a través do 112 notificándose puntualmente aos municipios onde conste avisos pola presenza de pellets. Ademais, explicou ca Xunta mantén un Plan Camgal en fase 1 o que permitiu que xa foran despregados 200 efectivos para participar nos diferentes operativos e que serán incrementados nos vindeiros días. Tamén explicou que, a rotura dalgúns dos sacos nos que se transportaban os pellets plásticos esta a dificultar as labores de recollida debido ao seu pequeno tamaño.
O titular de Mar insistiu que o Goberno galego está actuando desde o momento en que o Goberno central comunicou oficialmente da presenza destes materiais no litoral froito da perda de parte da súa carga por parte dun buque mercante en augas portuguesas. Nesa liña, subliñou que o Executivo estatal é coñecedor desde o día 20 de decembro da orixe dos pellets que estaban a chegar á costa, unha información que tardaron 14 días en facilitala á administración autonómica. Tamén defendeu que a Xunta fixo pública toda a información facilitada polo Ministerio ata o momento e volveu a reclamar maior transparencia ao Estado sobre o suceso.

Sebastián de Ocampo
O responsable autonómico puido coñecer de primeira man as características do buque de Gardacostas de Galicia Sebastián de Ocampo. Este buque, de 41 metros de eslora e 13 de manga, é un remolcador de apoio que veu a substituír ao remolcador Conde de Gondomar despois de 30 anos operativo dentro do Plan de renovación do servizo de Gardacostas. Esta embarcación, que conta cunha autonomía de 4.500 millas, forma parte da frota de 23 buques cos que conta o ente autonómico para desenvolver labores de vixilancia, salvamento, loita contra a contaminación e o furtivismo as 24 horas os 365 días do ano
As bolitas non son tóxicas nin perigosas
Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, aseguraba este luns que as bolitas plásticas que nestes momentos salpican polo menos trinta praias galegas «non son tóxicas nin perigosas» debido a que están compostas de tereftalato de polietileno, coñecido como PET, un tipo de plástico da familia dos poliésteres.
Fundamenta a súa afirmación nun informe elaborado polo Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial (Cetim), con sede en Culleredo. Segundo o estudo, as bolitas brancas estarían feitas de tereftalato de plolietileno (PET), un plástico da familia dos poliésteres. Con todo, a Fiscalía Xeral do Estado ha comunidado a apertura dunha investigación sobre a marea plástica, cuxos efectos se comezaron a estender tamén a Asturias.
A culpa e do gobierno central que nos informou tarde e mal
O Conselleiro do mar botalle a culpa o goberno central, que e quen tiña as competencias e por tanto a obligación, que nos informou tarde e mal, xa que eran coñecedores do accidente a mediados de Decembro e ata primeiros de Xaneiro nos recibimos a información.
Entre Ondas e Compromiso, loitando contra a contaminación nas costas galegas
Xoan Castro, un avezado surfeiro e membro activo da crecente rede de voluntarios, uniuse ao esforzo de limpeza na escura noite do pasado sábado na paradisíaca praia de Nemiña, situada no concello de Muxía. Acompañado pola súa familia, a realidade desoladora revelouse ao amencer do domingo: non só atopáronse coas diminutas bolitas, semellantes a pendentes de nena, senón tamén cun panorama caótico de plásticos e botellas, un auténtico desastre ambiental.
Castro, ao describir a tarefa dos voluntarios, destaca a súa natureza máis simbólica que práctica. As bolitas, debido ao seu diminuto tamaño, a inestabilidade da superficie e a falta de sistemas adecuados, expoñen un desafío case insuperable para a limpeza. “É practicamente como baleirar un lago coas mans”, explica, subliñando a magnitude do desafío.
Estado das costas a día de hoje 8/1/2023

No medio desta crise ecolóxica, Xoan Castro resalta a urxencia da acción colectiva. A pesar da dificultade para eliminar estas partículas microscópicas, avoga pola importancia de intervir de maneira efectiva e, ao mesmo tempo, pide deixar de lado as disputas políticas. “É momento de actuar; despois xa haberá tempo para as discusións entre líderes políticos, actualmente inmersos na precampaña electoral en Galicia”, salienta.
Nesta loita contra a contaminación que afecta ás 80 praias de polo menos 34 concellos galegos, Xoan Castro emerxe como un símbolo da comunidade unida, disposto a enfrontarse á magnitude do problema e avogar por un cambio significativo na conciencia ambiental. A súa historia reflicte a necesidade imperante de unir esforzos para preservar as nosas costas e ecosistemas, lembrándonos que cada acción conta na protección da nosa prezada contorna mariña.
Lixo -altier nos fala en dous videos do desastre ecolóxico e da limpeza das prais