A Xunta reúne os gardacostas, técnicos ambientais e persoal do Intecmar para facer seguimento da limpeza das praias, as que acudiron moitos voluntarios

  • O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, solicitoulle á vicepresidenta para a Transición Ecolóxica do Goberno central, Teresa Ribera, información actualizada e precisa da vertedura
  • O Goberno central comprométese a enviar medios para a recollida dos pellets que se suman aos efectivos da Xunta e aos dos Concellos, competentes na limpeza dos areais
     

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez e o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, reuniron hoxe aos Gardacostas de Galicia, técnicos ambientais e persoal do Intecmar para facer seguimento da limpeza das praias ás que chegaron pellets de plástico.

Durante a reunión deron a coñecer a chamada telefónica que tivo lugar esta mañá entre o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a vicepresidenta para a Transición Ecolóxica do Goberno central, Teresa Ribera. Rueda reclamou a Ribera información actualizada e precisa sobre a situación da vertedura, as causas, alcance e contido dos contedores. O titular de Mar sinalou co Executivo estatal ofreceu colaborar poñendo a disposición novos medios, co obxectivo de continuar acometendo as labores de limpeza e retirada destes materiais. Uns recursos, por outra banda, que servirán de reforzo aos xa despregados pola Xunta con axentes medioambientais, brigadas de Tragsa e os propios dos concellos afectados. Uns traballos que sinalou serán intensificados nos vindeiros días. 

Alfonso Villares indicou que persoal autonómico colleu mostras dos materiais recollidos e que xa foron enviadas a analizar para coñecer con detalle a súa composición. Pola súa banda, a vicepresidenta e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, informou que na actualidade non hai ningunha especie nos centros de recuperación da Consellería afectados por esta vertedura

Desafíos e decisións: Limpeza de bolitas de plástico nas costas galegas

As bolitas de plástico continúan afectando as costas desde Vigo ata Barreiros, na Mariña, Galicia. A pesar das limpezas organizadas por voluntarios, algúns que planeaban asistir finalmente optaron por non facelo debido á falta de información sobre se a súa participación contribuiría efectivamente á recolección das bolitas dispersas nas praias. Xurdiu a preocupación de que ao camiñar, poderían estar inadvertidamente ocultando máis bolitas das que estaban a recoller. Mentres tanto, os municipios e a Xunta, coa colaboración de axentes ambientais e empregados de Tragsa, están a levar a cabo esforzos para recoller os diminutos pélets e os sacos que os conteñen.