A Xunta leva a calidade e o mellor sabor dos productos pesqueros galegos a Seafood Asia Expo

A Xunta continúa fondando na promoción do peixe, marisco e conservas galegas nos mercados internacionais apoiando a presencia de seis empresas galegas do sector na décimo segunda edición da Seafood Expo Asia celebrada na cidade de Singapur. O evento, homólogo da Seafood Expo Global de Barcelona ou a Seafood Expo North América de Boston, é unha das citas máis relevantes do sector e destaca pola diversidade de produtos como polo volume de negocio. Deste xeito, procurase xerar novas oportunidades para as compañías da cadea mar-industria da comunidade nun mercado especialmente importante pola súa condición de gran consumidor de alimentos mariños.

Neste certame prodúcese o encontro de proveedores da industria de todo o mundo con compradores de toda Asia resultando unha oportunidade única para introducir os podutos pesqueiros galegos nos mercados asiáticos. O ano pasado participaron máis de 4.370 profesionais procedentes de 77 países e contou con 360 expositores de 41 países. Na cita, que tivo lugar entre o 4 e o 6 de setembro, estivo presente a Asociación de Armadores do Cerco de Galicia (Acerga), e as empresas Stlot Sea Farm, Cassua, Pescados Vixa, Fesba e Porto-Muíños.