A Xunta destaca a importancia da colaboración público-privada para enfrontar os desafíos do desenvolvemento sostible e a economía azul

  • O conselleiro do Mar puxo como exemplo o traballo desenvolvido polo servizo de Gardacostas na vixilancia, protección e loita contra a contaminación no medio mariño así como dos centros de investigación mariña galegos 
  • Protecma creouse co obxectivo de das resposta as novas necesidades detectadas no ámbito da protección da costa e do medio mariño mediante a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico 
  • O obxectivo da xornada celebrada no marca da asemblea anual da entidade é abordar os retos asociados á xestión dos residuos en portos identificando propostas de colaboración que permitan dar resposta estes desafíos

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, sinalou o apoio convencido do goberno galego á colaboración entre o sector público e o privado do sector marítimo como clave para conseguir enfrontar con éxito os desafíos do desenvolvemento sostible e da economía azul que permita conxugar os aspectos sociais e económicos coa protección ambiental. O titular de Mar fixo estas manifestacións na súa intervención telemática na inauguración da asemblea- xornada da Plataforma Tecnolóxica para a Protección da Costa e do Medio Mariño (Pt-Protecma) baixo o título Retos e oportunidades asociadas á xestión de residuos inorgánicos en portos. 

Alfonso Villares puxo como exemplo aos centros de investigación mariña galegos como o intecmar, o CIMA ou o Cetmar -coordinador de Protecma- de cooperación entre o persoal investigador, o sector pesqueiro e o portuario. Unha colaboración que amosa o compromiso pola transferencia de coñecemento para conseguir cos esforzos de investigación teñan impacto na sociedade contribuindo ao desenvolvemento sustentable. Un traballo ao que tamén sumou a labor desenvolvida polo servizo de Gardacostas na vixilancia, protección e loita contra a contaminación no conxunto do litoral galego.

O responsable de Mar felicitou aos organizadores deste foro de colaboración público-privada creado no 2009 pola organización desta xornada na que abordaranse entre as entidades participantes aspectos de relevancia como os retos asociados á xestión dos residuos dos portos, compartiranse os resultados xerados en proxectos de colaboración e identificaranse iniciativas e propostas tecnolóxicas que sirvan para dar resposta a eses desafíos.

Protecma

Protecma ten a súa orixe na Rede Tecnolóxica para a Prevención e Resposta aos Verquidos Mariños “PREVECMA”, creada no 2006, e ten como finalidade desenvolver e implantar unha estratexia de investigación, desenrolo tecnolóxico e innovación dirixida á protección da costa e do medio mariño, mellorando do mesmo xeito a capacidade tecnolóxica e a competitividade das empresas e organizacións españolas que exercen a súa actividade neste ámbito, ao mesmo tempo que contribúe a cumprir a lexislación ambiental vixente e os convenios rexionais e internacionais subscritos.