A Xunta aposta pola promoción desde as peixerias de Sarria para que os galegos sigan a ser un exemplo no consumo de peixes e mariscos en España

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou hoxe pola tarde as peixerías dos supermercados das cadeas Froiz, Gadis e Eroski da localidade lucense de Sarria na xornada na que se celebrou o Dia Mundial do Pescador. Desde alí felicitou aos homes e mulleres do mar que se dedican á actividade extractiva e conforman o comezo da cadea mar-industria, ata chegar ás traballadoras e traballadores das peixerías que acaban levando os produtos do mar aos fogares e locais hostaleiros.

O titular de Mar destacou que os dous extremos da cadea son esenciais para que peixes e mariscos cheguen ás mesas dos consumidores finais, que no caso dos galegos sempre estiveron á cabeza en España á hora de incluílos na súa cesta da compra. Os últimos datos oficiais revelan que supera os 23 quilos por persoa e ano, e que os galegos destinan o 15% do seu orzamento anual para alimentación -sen contar bebidas alcohólicas e tabaco- a adquirilos, cifra por debaixo do 12% de media estatal. O obxectivo da Xunta coas súas campañas de promoción e apoiando as que lidera o sector, como ‘Consume do noso’ das confrarías e Agade, para manter o diferencial e que cada vez máis persoas en Galicia e resto de España aumenten os alimentos do mar que levan á súa mesa.