A Xunta de Galicia activou hoxe o Plan territorial de continxencias por contaminación mariña accidental da Comunidade Autónoma de Galicia (Plan Camgal) en resposta a unha vertedura de gasóleo producida polo afundimento dun buque pesqueiro ‘Jato Roxo’ no porto de Pontedeume. Esta información xa foi trasladada vía telefónica ao redor das tres da tarde mediante chamada telefónica do Presidente do Plan Camgal e conselleiro do Mar, Alfonso Villares Bermúdez, ao delegado do Goberno en Galicia Pedro Blanco Lobeiras.
Ata alí se trasladou a auxiliar do remolcador de altura de Gardacostas de Galicia ‘Ría de Vigo’, alertados polo 112, onde constatou o pequeno alcance da mancha de combustible e procedeu a despregar barreiras absorbentes ao redor do punto onde se atopaba o barco afundido co obxectivo confinar o escaso material contaminante. Ao longo da tarde se desprazaron ao lugar persoal da Armada para comezar os traballos de reflote da embarcación.