- A Conselleria do Mar destaca especialmente as que van dirixidas ás organizacións de produtores pesqueiros (OPP) e as que teñen como finalidade a renovación e mellora da flota
- O sector presentou diversos proxectos nos que están traballando estre os que destaca a celebración dunha nova edición das xornadas técnicas organizadas pola OPP77 de Celeiro
O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, mantivo no día de hoxe unha reunión de traballo con representantes do sector pesqueiro de celeiro na que abordou as diferentes liñas de axuda nas que traballa a Consellería do Mar e que van dirixidas á mellora e renovación da flota e a reforzar a actividade das organizacións de produtores pesqueiros (OPP). O responsable autonómico trasladou aos representantes de Porto de Celeiro, da OPP 77 de Celeiro e da confraría de pescadores local o compromiso do Goberno galego de seguir apoiando iniciativas que permita afondar na competitividade e liderado internacional da pesca galega.
Por outra banda, tamén foron tratadas algunhas das demandas e inquedanzas dos profesionais do mar como a necesaria remuda xeracional ou a mellora de funcionamento e xestión da capacidade de apoio ás OPP. Asuntos nos que a administración autonómica traballa da man do sector, en liña co modelo de cogobernanza polo que se ven apostando desde a Consellería do Mar. Finalmente tamén se abordaron futuros proxectos nos que se está traballando e nos que colabora a Xunta como a celebración este ano da vindeira edición das xornadas técnicas que organiza o sector pesqueiro da localidade.