O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, participou este xoves no acto de apertura de curso do Programa de Desenvolvemento Directivo para Empresas Alimentarias que puxeron en marcha o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) xunto á Universidade Intercontinental da Empresa (UIE) de Abanca e a colaboración da Consellería do Mar.
Na súa intervención destacou a importancia desta iniciativa para impulsar o talento e a mellora competitiva das empresas do sector marítimo-pesqueiro galego, moitas de carácter familiar, propiciando a remuda xeracional dos profesionais á fronte das mesmas que é moi importante de cara ao futuro. Antonio Basanta destacou que é moi positiva a posta en marcha deste programa porque dá respostas ás necesidades de formación específicas dunha actividade de gran arraigo en Galicia e que ten moitas circunstancias e características propias.