A Conselleria do mar participa no peche do programa PREAMAR da Fundación biodiversidade en Burela, que abrirá unha nova etapa baixo o amparo do FEMPA

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, participou hoxe en Burela, (Lugo) no peche do programa Preamar da Fundación Biodiversidade, que no período do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) apoiou 135 proxectos aos que destinou 24 millóns de euros, con actuacións en ámbitos como a redución das capturas accesorias e o aproveitamento dos descartes, a protección e recuperación da biodiversidade mariña ou a recollida de lixos mariños coa colaboración dos pescadores, así como o reforzo da colaboración entre a comunidade científica e o sector pesqueiro.

Unhas liñas de actuación que coinciden coa estratexia da Consellería do Mar e que se reflexan na exposición fotográfica na que a Fundación Biodiversidade amosa as distintas accións levadas a cabo, e que escolleu a localidade lucense porque alí se conmemora o centenario da confraría de pescadores San Xoán Bautista de Burela. Baixo o novo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e da Acuicultura (Fempa) está previsto que Preamar regrese con dúas únicas convocatorias que contarán cunha dotación de 29 millóns de euros.