- A confraría de pescadores “Santiago Apóstolo de Barallobre”estará presente no Galicia Fórum Gastronómico, que se celebrará na Coruña os días 7, 8 e 9 de Abril no recinto de ExpoCoruña.
A confraría de Barallobre, que se atopa na celebración dos seus 100 anos de vida, estará presente dentro da caseta da Xunta de Galicia con exposición dos seus produtos e tamén realizará un showcooking o día 7 ás 13:30h con dous dos produtos máis importantes da nosa ria, vieira e navallas, con preparación a cargo do cociñeiro Javier #Freixeiro do Restaurante Placer Zalaeta (A Coruña).
A asistencia a esta Feira gastronómica está enmarcada dentro do programa de actividades e eventos que a confraría ten deseñado para este ano, en colaboración e co financiamento por partedel Grupo de Acción Local Pesqueiro GOLFO ARTABRO NORTE, o obxectivo destas actividades é dar a coñecer o traballo da confraría e de todos os seus asociados, poñer en valor o sector primario vinculado ao mar e ao mesmo tempo, achegar e promover as variedades de mariscos que temos na nosa contorna, como produto de gran calidade.
O Patrón Maior Jorge López: “Cremos que o Fórum é unha gran oportunidade de presentar os nosos produtos e darnos a coñecer pola gran visibilidade que dan estes formatos, nesta ocasión ademais de estar con caseta na feira os 3 días, imos preparar un Showcooking o domingo 7, con 2 produtos como son a Vieira e a Navalla que ademais de en fresco tamén se están comercializando como produto conxelado, algo que garante a súa comercialización e alonga a duración da campaña sen perder a calidade, temos que agradecer tanto á Xunta de Galicia como ao Galp golfo ártabro norte por darnos esta oportunidade de poder participar neste evento e para finalizar e aproveitando a ocasión queriamos ofrecernos ás distintas institucións a colaborar en toda a materia que sexa da súa competencia para buscar solucións aos problemas do sector e seguir avanzando en sistemas e estratexias que melloren tanto o medio mariño como o terrestre, para garantir o futuro das especies e tamén de todos os traballadores e familias que dependen deste sector”.